Estimados
colegas, militantes do movemento sindical clasista,
Afiliados e amigos da Federación Sindical Mundial,
Organizacións sindicais en todos os continentes, traballadores, mozos,
Afiliados e amigos da Federación Sindical Mundial,
Organizacións sindicais en todos os continentes, traballadores, mozos,
A Federación
Sindical Mundial convócaos a unirse ao chamamento para o Día Internacional de
Acción 3 de Outubro, 2013. Protestas, marchas, folgas, conferencias e
actividades serán organizadas en cada recuncho do mundo.
Unimos as
nosas voces e mostramos a nosa determinación en acción simultaneamente cos
nosos irmáns e compañeiros en todo o mundo, marchando con militancia por
alimentos, auga, libros, medicamentos e vivenda para todos.
Para a
Federación Sindical Mundial, unha vida digna presupón que todos estes asuntos
dos traballadores sexan resoltos. Vida digna presupón que as masas populares
teñan traballo estábel, un bo salario, boas pensións, seguridade social
pública, educación gratuíta e pública. Un presente e futuro dignos é ter
traballo estábel conectado ao seu coñecemento.
Para o
movemento sindical reformista a consigna “traballo decente” son só palabras;
para a FSM “traballo digno” ten un contexto concreto.