Presidente do Partido do
Traballo de Bélxica (PTB).
Hai unha idea moi difundida, que se escoita cada
vez con maior frecuencia: as tecnoloxías da información e as ciencias da
comunicación cambiaron a produción dun xeito radical. A maioría dos países
desenvolvidos teñen unha economía de servizos, unha sociedade post-industrial.
En Europa, o 66% da poboación traballadora faino no sector servizos. Nos
Estados Unidos esta cifra chega ao 79%.1 Debido
a este cambio na composición da clase traballadora, non se pode seguir igual
que antes, di o filósofo italiano Antonio Negri: «Detesto a xente que di: a
clase obreira morreu pero a loita continúa. Non. Se a clase obreira morreu –e é
certo– é que todo o sistema que depende deses equilibrios de forzas está en
crise.» 2
A contradición entre traballo e capital.