Todos á Rúa! Día Internacional de Acción 3 de Outubro 2013.

Estimados colegas, militantes do movemento sindical clasista,
Afiliados e amigos da Federación Sindical Mundial,
Organizacións sindicais en todos os continentes, traballadores, mozos,

A Federación Sindical Mundial convócaos a unirse ao chamamento para o Día Internacional de Acción 3 de Outubro, 2013. Protestas, marchas, folgas, conferencias e actividades serán organizadas en cada recuncho do mundo.

Unimos as nosas voces e mostramos a nosa determinación en acción simultaneamente cos nosos irmáns e compañeiros en todo o mundo, marchando con militancia por alimentos, auga, libros, medicamentos e vivenda para todos.

Para a Federación Sindical Mundial, unha vida digna presupón que todos estes asuntos dos traballadores sexan resoltos. Vida digna presupón que as masas populares teñan traballo estábel, un bo salario, boas pensións, seguridade social pública, educación gratuíta e pública. Un presente e futuro dignos é ter traballo estábel conectado ao seu coñecemento.

Para o movemento sindical reformista a consigna “traballo decente” son só palabras; para a FSM “traballo digno” ten un contexto concreto.

Esiximos a satisfacción das necesidades básicas modernas da poboación. Unha demanda realista e aplicábel, baseada nas habilidades produtivas de mans de obra cualificadas, os recursos produtores de riqueza, a riqueza natural e mineral e o desenvolvemento científico e tecnolóxico que se está estendendo constantemente.

Non hai ningunha razón pola que deba haber pobreza, guerras imperialistas, destrución, tortura, a explotación capitalista, a privatización dos bens e recursos públicos, os hospitais e o sistema educativo, ademais da voracidade desapiadada dos poucos capitalistas con fins de lucro e os mecanismos e estados que apoian todo iso, causando sufrimento, a escaseza, os altos prezos e a contaminación ambiental.

As ganancias altas seguen existindo e soben durante a crise internacional capitalista, ademais da competencia entre os capitalistas individuais ou grupos capitalistas, as fusións, o peche de empresas e industrias, a transferencia da produción a outros países con salarios máis baixos ou dereitos laborais non existentes, a maior explotación das diversas partes da clase obreira e o desemprego extremo en moitas partes do mundo.

É o noso futuro contra as súas ganancias!

O 3 de Outubro de 2013 en cada país MARCHAMOS COA MILITANCIA POR ALIMENTOS, AUGA, MEDICAMENTOS, LIBROS E VIVENDA PARA TODOS.

Loita polos teus dereitos! Organicen nos seus países a actividade da súa elección e únanse á loita da clase traballadora internacional.

Envíennos información da súa actividade e fotos do día a info@wftucentral.org 

O SECRETARIADO
Setembro 2013 – Atenas, Grecia

[Fonte: FSM]